O BNG de ares denuncia a carencia de profesionais médicos no centro de saúde de Ares.

Atención primaria
Estado de emerxencia no centro de saúde: nin se cubriu a prometida praza de reforzo nin tampouco se están a cubrir as vacacións do persoal médico habitual. 

A Atención Primaria continúa en estado de auténtica emerxencia a consecuencia das políticas do PP sendo a atención primaria unha das principais damnificadas, denuncia o BNG de Ares.

Coa poboación da vila ateigada de turistas e visitantes, non só non se cubriu a prometida praza de reforzo, senón que tampouco se están a cubrir as vacacións do persoal médico habitual. Dos tres médicos a xornada completa, máis un a media xornada, as persoas que acoden ao centro de saúde atópanse só con dúas persoas, nalgún día incluso unha soa, para atender unha demanda de prestación sanitaria superior á ordinaria.

Estamos recollendo numerosas queixas de persoas usuarias que, ante a necesidade de atención sanitaria, sofren a impotencia de ver como as citas estanse a dar para máis de dez días e coa imposibilidade para obter receitas necesarias para as súas doenzas.

Dende o BNG de Ares esiximos a cobertura inmediata e urxente de todas as ausencias e a dotación de persoal médico suficiente para atender ao aumento de poboación nos meses de verán.

É preciso e urxente dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte os gobernos do PP que pretenden convertela nun privilexio.