BNG
Vídeo
0424(1)-Cover

Paz, soberanía e dereitos. 25 de Abril en Ares

Hai 52 anos, en Lisboa, os fusís encheron de cravos. Hoxe, desde as vellas baterías de Ares, repetimos o xesto, porque o que se lembra cada 25 de Abril non foi unha vitoria militar, foi un pobo dicíndolle a un exército que non. Mentres tanto, os gobernos aumentan o gasto militar e recortan en sanidade, en educación e en dereitos, e tentan facernos tragar a militarización como sentido común. Desde Ares, defendemos unha Galiza de paz, con soberanía e con dereitos.
🌹 #25A #NonÁGuerra #NonÁMilitarización #BNG #Ares
Ler novas
Novas
Descarga

Boletín informativo do BNG de Ares – Outubro 2025

Xa está dispoñíbel o Boletín informativo do BNG de Ares – Outubro 2025, no que resumimos o traballo realizado nos últimos meses e as principais iniciativas que levamos aos plenos municipais. Falamos dos problemas de abastecemento de auga, da falta de planificación do Concello, das deficiencias no mantemento de camiños, do uso do patrimonio público e doutros temas que afectan directamente á vida da veciñanza.

O boletín tamén recolle propostas e alternativas do BNG para mellorar a xestión municipal e poñer os recursos públicos ao servizo da cidadanía.

📖 Podes ler ou descargar o boletín completo premendo aquí 👉 https://ares.bng.gal/media/ares/files/2025/10/17/Outubro%202025.pdf

Ler novas