O BNG de Ares reúnese coa nova Asociación Veciñal de Caamouco

O grupo municipal do BNG de Ares mantivo unha reunión coas representantes da recentemente creada Asociación Veciñal de Caamouco, atendendo á súa solicitude.

Foi unha primeira toma de contacto na que escoitamos as demandas e necesidades da parroquia e na que tamén ofrecemos a colaboración do noso grupo municipal, establecendo canles de comunicación para facer seguimento das cuestións trasladadas.

Desde o BNG de Ares queremos felicitar ás persoas impulsoras desta asociación pola súa creación e destacar a importancia dunha sociedade civil activa e organizada para defender os intereses da veciñanza e fortalecer a participación pública.