O BNG denuncia o estado lamentable dos viais de Caamouco tras un percorrido pola parroquia
26 de marzo de 2026 (10:53 h.)
No BNG de Ares continuamos co percorrido polas vías e camiños municipais para comprobar o seu estado. Onte estivemos na parroquia de Caamouco, onde puidemos avaliar de primeira man a situación dos seus viais.
O resultado non pode ser máis desalentador: moitos camiños presentan un estado lamentable, sendo case imposible circular sen ter que facer unha auténtica xincana para esquivar baches, co conseguinte risco para a integridade dos vehículos.
O camiño das Balsas, Rodelas, Seselle, Viña da Fonte, rúa Nova, rúa da Tenencia, Ixobre, Redes… son só algúns dos exemplos que atopamos neste percorrido. E sabemos que hai moitos máis.
A situación é insostible. É necesario que o goberno municipal actúe dunha vez e dea resposta a unha demanda básica da veciñanza: contar con vías seguras e en bo estado.