BNG pide información sobre o buque chinés fondeado na ría de Ares
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou no día de onte unha iniciativas na que formula varias preguntas dirixidas ao Goberno para a súa resposta escrita relativas á perda de carga do mercante chinés “Shang De Wu Yi Shan”. Lembra o BNG que o pasado día 6 de decembro o mercante –que transportaba grúas pórtico para mover contedores nos portos de Bremen a Tailandia- pedíu a Salvamento Marítimo un lugar de refuxio debido ao forte temporal, indicándoselle que se dirixise á ría de Ares.
Debido ás condicións meteorolóxicas adversas, a carga que transportaba en cuberta fora desprazada e parte dela caeu ao mar; indicando o capitán primeiro que a perda producírase a 2,2 millas do Porto Exterior de Ferrol; mais recoñcendo posteriormenteque perdera outra a unhas 88 millas do Cabo Ortegal. A estrutura metálica que caeu preto do porto exterior situaríase, segundo aproximacións de Mariña Mercante, a uns 65 ou 69 metros de profundidade polo que, a priori, non debería de supor obstáculo para a navegación, mais sí para a pesca.
Segundo o BNG “a capitanía da Coruña está a realizar un control do buque fondeado na ría de Ares mentres que Mariña Mercante asegurou que o barco continuará na ría por razóns de seguridade mentres non retiren as estruturas metálicas que colgan da cuberta e non acrediten a súa estabilidade. Se non cumpre con esas premisas, as autoridades portuarias indicaron que non poderá trasladarse ao porto de Punta Langosteira para se someter a unha nova inspección, requisito obrigatorio para poder reanudar viaxe cara ao seu destino”.
Capitanía Marítima tamén aclarou que se se superan todos os requisitos, só se permitiría a mobilidade do mercante ao Porto Exterior de Langosteira de día, en condicións meteorolóxicas favorábeis e escoltaro por un remolcador e un práctico a bordo durante a manobra; mais desde o BNG compártese a preocupación da forta pesqueira artesanal “que teme que esta carga afecte ás áreas de pesca e interfira cos aparellos pesqueiros; xa que o propio Salvamento Marítimo avisou a navegantes polos posíbeis riscos, nomeadamente as redes de pesca, e existen serias dúbidas sobre a canditade da carga que desprendeu e caeu ao mar. Na cuberta do mercante quedaron máis grúas, algunhas destrozadas; aínda que segundo a información coñecida pola prensa apúntase a dúas grúas, pero non hai confirmación oficial sobre a cantidade de estruturas que transportaba e onde se localizan as perdidas no mar”
Ao fío desta situación, o BNG formula as seguintes preguntas:
-
Pode o Ministerio aportar info
rmación precisa sobre a solici tude do mercante chinés “Shang De Wu Yi Shan” a Salvamento M arítimo o pasado 6 de decembro dun lugar de refuxio debido a o forte temporal? -
Requiriu Salvamento Marítimo i
nformación ao capitán do buque sobre a carga e o estado do b arco antes de indicarlle a Ría de Ares como zona de refuxio? -
Unha vez fondeado o buque na R
ía de Ares, que controis e ins peccións levou a cabo? -
Cal é a información oficial e
comprobada sobre a carga do me rcante? Cantas grúas de pórtic o se desprenderon ao mar? Coñe ce Mariña Mercante cos lugares exactos nos que caeu a carga ao mar? De ser así, onde? -
En que zona próxima ao Porto e
xterior de Ferrol caeu a estru tura metálica da carga? Afecta á navegabilidade dos barcos? Pode afectar á actividade pesq ueira á hora de tirar as redes ? -
Vaise obrigar aos propietarios
do buque e da carga a retirar a estrutura metálica pola per igosidade para a pesca? Non cr e que é necesario por ser unha zona sensíbel de paso dos bar cos pesqueiros? -
Entregou o propietario do merc
ante o estudo de estabilidade actualizado e un plan para se desfacer das estruturas que c olgan polos costados do buque? -
Cando prevé que o buque poida
trasladarse ao Porto Exterior de Punta Langosteira?