Política de contratación: nin transparencia nin igualdade
A alguén lle parece aceptable que un concello convoque un procedemento de selección de persoal para acceder a prazas de peón e unha das persoas que forma parte do tribunal sexa familiar directa de quen consegue unha das prazas?
Pois ben, iso acaba de suceder no Concello De Ares.
Fóra de toda interpretación da legalidade ou non, nin sequera nos méritos da persoa que consegue a praza podería xustificarse este proceder. E no BNG non amparamos nin consentiremos prácticas coma esta, de moi dubidoso encaixe ético. É necesario garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades no acceso aos postos públicos, para evitar calquera tipo de favoritismo ou nepotismo. O BNG defenderá sempre os principios da ética e da xustiza social, e traballará para erradicar este tipo de prácticas inaceptables.