O BNG de Ares elixe a Tino Seco candidato á alcaldía en 2027

IMG_3654
Tino Seco, candidato do BNG de Ares.
O BNG de Ares elixe a Tino Seco candidato á alcaldía en 2027

A asemblea local do BNG de Ares elixiu por unanimidade a Tino Seco como candidato á alcaldía para as eleccións municipais de maio de 2027. A decisión adoptouse na reunión celebrada o pasado 13 de maio.

Tino Seco é catedrático de Educación Física e licenciado en Xeografía e Historia, cunha longa traxectoria no ensino e na xestión pública. Na actualidade imparte clase no CPI As Mirandas de Ares, centro do que tamén foi director, e antes exercera responsabilidades directivas no IES Concepción Arenal de Ferrol.

Tras a elección, Tino Seco agradeceu á militancia o respaldo unánime e adiantou que quere encabezar un proxecto colectivo e próximo á veciñanza. Está convencido de que Ares precisa un cambio centrado nas persoas e nos servizos públicos.

Dende a Asemblea salientouse a súa capacidade de diálogo, o seu compromiso co país e a experiencia acumulada, elementos clave para encabezar unha candidatura con vontade de liderar unha alternativa para Ares.

Nos vindeiros meses seguiremos a traballar na elaboración do programa e na configuración da candidatura, co obxectivo de presentar un proxecto sólido, participativo e que responda ás necesidades reais da veciñanza.

O BNG de Ares elixe a Tino Seco candidato á alcaldía en 2027