Incendio no mosteiro de Santa Catalina de Montefaro

Tino Seco a carón das fiestras queimadas no mosteiro de Sta. Catalina de Montefaro

ARDE SANTA CATALINA DE MONTEFARO.

Esta mañá produciuse un incendio no mosteiro de Sta. Catalina, afortunadamente sen graves consecuencias, grazas á acción dos servizos de extinción.

Un ben patrimonial e cultural da relevancia do noso mosteiro debería gozar dunha xestión -nomeadamente, vixiancia e control das instalacións-  que, como neste caso, non deixará nas mans da sorte a súa conservación.

Dende o BNG levamos moitos anos demandando un plan integral, onde todas as administracións implicadas, Concello, Xunta e Goberno do Estado, poñan en valor o mellor do noso  patrimonio. Necesario e, visto o visto, urxente...