Incendio no mosteiro de Santa Catalina de Montefaro
24 xul. 2024 - 17:11
ARDE SANTA CATALINA DE MONTEFARO.
Esta mañá produciuse un incendio no mosteiro de Sta. Catalina, afortunadamente sen graves consecuencias, grazas á acción dos servizos de extinción.
Un ben patrimonial e cultural da relevancia do noso mosteiro debería gozar dunha xestión -nomeadamente, vixiancia e control das instalacións- que, como neste caso, non deixará nas mans da sorte a súa conservación.
Dende o BNG levamos moitos anos demandando un plan integral, onde todas as administracións implicadas, Concello, Xunta e Goberno do Estado, poñan en valor o mellor do noso patrimonio. Necesario e, visto o visto, urxente...