OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O 2023 NON INCLÚEN NINGUNHA PARTIDA PARA AS OBRAS.

O BNG leva de novo ao parlamento a ampliación do CPI "AS MIRANDAS"

CPI As Mirandas
CPI As Mirandas

O BNG rexistrou o pasado 16 unha nova iniciativa no Parlamento Galego ao respecto das obras de ampliación do CPI “As Mirandas”, toda vez que no proxecto de orzamentos da Xunta para o vindeiro ano non figura ningunha partida destinada a esta finalidade.

O BNG leva de novo ao parlamento a ampliación do CPI "AS MIRANDAS"

O BNG rexistrou o pasado 16 unha nova iniciativa no Parlamento Galego ao respecto das obras de ampliación do CPI “As Mirandas”, toda vez que no proxecto de orzamentos da Xunta para o vindeiro ano non figura nengunha partida destinada a esta finalidade. Iniciativa que se engade á emenda presentada polo Grupo Parlamentar do BNG demandando consignación económica para abordar a histórica demanda de ampliación do centro.

Cumpre lembrar que o 7 de maio do pasado ano, a Comisión de Cultura, Educación e Universidade do Parlamento aprobaba –a iniciativa do BNG e por unanimidade- unha proposición non de lei para que o concello de Ares procedese á urbanización da parcela prevista para a ampliación do CPI “As Mirandas” e, unha vez realizada, o Executivo Galego comprometíase a licitar, proxectar, contratar e iniciar as obras de ampliación de maneira prioritaria, coa finalidade de dispór das novas instalacións canto antes.

Alén diso, o pasado 29 de marzo, o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o alcalde de Ares asinaban un convenio de colaboración no que, segundo a información trasladada desdea Consellaría “…se inician os trámite para a futura ampliación do CPI As Mirandas…”. Segundo a mesma información, “…o concello porá a disposición os terreos situados na Rúa Celso Emilio Ferreiro (…) outorgará as licenzas de edificación necesarias, garantirá os usos urbanísticos e as infraestruturas da parcela, urbanizará os accesos ao centro e asumirá o mantemento e conservación.

Sabido é que o concello puxo a disposición os terreos e urbanizou os accesos; polo que o único trámite pendente que corresponde á institución municipal sería outorgar as licencias necesarias, cuestión que obviamente non se pode facer até o momento que se presente o proxecto. Así que a non inclusión de partida algunha por parte da Xunta supón, na práctica, o incumprimento do convenio asinado hai oito meses, evidenciándose que chove sobre mollado nun proceso que ven do 2008 –cando a equipa directiva do centro propón a necesidade e urxencia de acometer as obras de ampliación- e que foi discorrendo durante estes catorce anos nunha sorte de promesas incumpridas, convenios nunca efectivizados…; e, en definitiva, co mantemento dunhas instalacións obsoletas, que supoñen unha auténtica eiva para desenvolver un proxecto educativo á altura.

Neste contexto, o pleno do concello de Ares, en sesión celebrada o pasado 31 de outubro, aprobaba por unanimidade unha iniciativa do BNG na que se recollía textualmente: “O Pleno do Concello de Ares acorda solicitar da Xunta que nos orzamentos galegos para 2023 se inclúa unha partida que permita abordar con carácter de urxencia a redacción, contratación e execución das obras de ampliación do CPI As Mirandas, en Ares”. Agora só falta que, en troques de promesas, convenios e propaganda, a Xunta pase aos feitos; e que o goberno municipal deixe de estar de perfil.

O BNG leva de novo ao parlamento a ampliación do CPI "AS MIRANDAS"