ESTA SEMANA COMEZA UNHA ROLDA DE REUNIÓNS NAS PARROQUIAS E A POSIBILIDADE DE PARTICIPACIÓN POR MEDIO DUN CÓDIGO QR

O BNG de Ares articula un proceso aberto e participativo para incluir propostas no seu programa das municipais

CartazAres
Cartaz - Ares Merece Máis
O BNG de Ares articula un proceso aberto e participativo para incluir propostas no seu programa das municipais

O BNG de Ares pon en marcha unha iniciativa de cara a incorporar propostas da veciñanza nos contidos do programa electoral

cara as vindeiras municipais do 28 de maio; baixo a idea de PROPOSTAS PARA AVANZAR. A iniciativa recolle un programa de encontros veciñais polas parroquias que se desenvolverán co seguinte calendario:

- Sábado 11 de marzo: ás 12,30 no “CIRS” de Cervás.

- Domingo 12 de marzo: ás 12,30 na “Agrupación Instrutiva” de Caamouco.

- Sábado 18 de marzo: ás 12,30 no Centro Cultural “Outeiro” de Chanteiro.

- Domingo 19 de marzo: ás 12,30 na “Alianza Aresá”, en Ares.

Como complemento, articúlase a posibilidade de participación vía telemática, cun código QR (adxunto) ou na seguinte ligazón: https://bit.ly/3Ect7Kw

A iniciativa do BNG de Ares responde segundo Tino Seco, candidato á alcaldía “ao que sempre foi a prática do BNG de contacto permanente coa veciñanza, e non só cando chegan as campañas electorais; porque a información e a participación veciñal é un dos sináis de identidade da nosa organización”.

Tino Seco engadíu tamén que “alén desta prática de sempre, desde o BNG pensamos que Ares precisa dun goberno municipal que teña claro o horizonte –o modelo de concello que queremos- partindo das necesidades reais da xente; que teñen bastante pouco a ver coa política de propaganda ou de proxectos de escasa utilidade social, como leva feito o actual goberno municipal nos últimos anos”.

Para concluir, o candidato do BNG á alcaldía remarcou que “estas eleccions municipais son a oportunidade para achegar as propostas para avanzar, para falarmos das carencias dos servizos públicos, da necesidade de transparencia eficiencia no gasto municipal etc..; fuxindo do curto prazo e pensando no Ares do futuro. E un proxecto destas características só se constrúe desde a proximidade, escoitando e incorporando as inquedanzas da veciñanza; como fixemos e faremos sempre desde o BNG”.

O BNG de Ares articula un proceso aberto e participativo para incluir propostas no seu programa das municipais