Inauguramos a web do BNG de Ares
Queremos darche a benvida á web do BNG de Ares, unha web á túa disposición para que poidas dispoñer de información actualizada dos acontecementos do noso termo municipal.
A través deste medio poremos en valor o traballo da nosa organización e informaremos sobre as actuacións que se leven a cabo para mudar o rumbo político do noso concello. Seguiremos loitando por un futuro soberano, transparente, aberto e democrático na nosa Vila, co espírito crítico que nos caracteriza.
Somos a alternativa, somos o cambio e a materialización dos ideais de soberanía popular representados en asemblea. Cada vez somos máis e tamén agardamos por ti.
Todos sabemos das deficiencias deste goberno PSOE-NAL, unha festa de partidos con maioría absoluta da corporación de Julio Iglesias, que convida á oposición a participar para facela desaparecer. Non nos imos deixar arrastrar pola inacción, pola falta de iniciativas e polos amiguismos.
Se ti tamén cres que un goberno ao servizo da xente é outra cousa, e sabes do noso valor como Pobo, fica pendente das novas. Imos con todo e a por todas!