Menos anuncios, convenios, fotos... e máis feitos.

Imagen de WhatsApp 2024-09-27 a las 08.57.18_318db3b1
Menos anuncios, convenios, fotos... e máis feitos.

Onte, os medios de comunicación publican a nova do acordo entre Xunta e Concello e Ares para “melloras na rede de abastecemento de auga de Ares”...

Outro anuncio máis, semella que coa propaganda vanse resolver os problemas que afectan, verán tras verán, dende xa hai demasiados anos, a moitos veciños e veciñas do noso Concello.

Unha nova que xa non o é tanto, pois en marzo de 2023 saía publicada a información de que a Deputación da Coruña e o Concello de Ares asinaban un convenio para segundo eles «as obras rematarán cos problemas no subministro de auga, que se dan sobre todo non verán». A Deputación financiará o 40% do proxecto cun compromiso de 1,7 millóns de euros ao longo de tres anos. Augas de Galicia (Xunta) achegará outro 40% e o Concello de Ares o 20% restante, dicían...

A cousa non foi tan rápida, pois, de novo, en outubro de 2023 anunciase na prensa a sinatura do mesmo convenio coa Deputación (e logo, non estaba xa asinado?). A dita noticia facíase eco das palabras do alcalde: Hoxe poñemos a primeira pedra —señaló por su parte el alcalde, Julio Iglesias, tras la firma del convenio— para solucionar o problema do abastecemento do noso concello».

Se cadra, un ano despois, aínda están a poñer a segunda pedra... Cantas pedras máis farán falta para que toda a veciñanza de Ares poida gozar con normalidade dun servizo básico como é o abastecemento de auga?

Dende o BNG seguimos demandando pasar dos anuncios aos feitos concretos, basta xa de propaganda! Tal como como fixemos coa moción presentada ao pleno do mes de agosto:

Que o Concello de Ares informe con detalle dos compromisos asinados nos correspondentes convenios coa Deputación de A Coruña e Xunta de Galicia, indicando proxectos concretos, orzamentos e datas de execución de cada obra.

Menos anuncios, convenios, fotos... e máis feitos.