O Pleno do Concello de Ares aprobou a moción presentada polo Grupo Municipal do BNG con motivo do 8 de marzo de 2026 baixo o lema “Avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo”.

91bb2ffe-cc07-43ce-8661-81bffbd1ad72 (1)
O Pleno do Concello de Ares aprobou a moción presentada polo Grupo Municipal do BNG con motivo do 8 de marzo de 2026 baixo o lema “Avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo”.

A iniciativa do BNG de Ares fai fincapé na necesidade de responder ao avance dos discursos reaccionarios e ao cuestionamento de dereitos básicos con máis feminismo e máis compromiso institucional. A moción denuncia que, fronte ao relato da “igualdade conseguida”, as mulleres galegas seguen sufrindo maiores taxas de desemprego e temporalidade, menor ocupación, fenda salarial e unha crecente feminización da pobreza, especialmente no rural. Ademais, alerta do debilitamento de servizos públicos feminizados, como o Servizo de Axuda no Fogar, da insuficiente dotación dos Centros de Información á Muller (CIM) e do incremento de feminicidios en 2025 sen medidas extraordinarias por parte das administracións.

O texto aprobado reafirma o compromiso do Concello coa loita feminista e co apoio ás mobilizacións do 8M; reclama á Xunta de Galiza a creación do Instituto Galego das Mulleres como organismo público con personalidade e orzamento propios para impulsar políticas transversais de igualdade; e insta a reforzar e ampliar a rede de CIM cun maior financiamento, rateos mínimos de persoal e contratación a xornada completa.

A moción saíu adiante cos votos a favor de BNG, PSOE, NAL e do concelleiro non adscrito, mentres que os representantes do PP votaron en contra.