FINALMENTE JULINDE@RES HA DE TER QUE ESPERAR AO 12 DE MAIO PARA RE-ESTRENAR A SÚA CAMPAÑA.

Tino Seco denuncia o PSOE de Ares por iniciar a campaña no prazo prohibido por Lei Electoral.

retratado
Operario instalando a propaganda electoral prohibida.
A Xunta Electoral outorga a razón ao BNG de Ares tra-la súa denuncia, e obriga ao PSOE a "que proceda á inmediata retirada das imaxes do candidato (...) nun claro acto electoralista que vulnera o artigo 53 da LOREX"
Tino Seco denuncia o PSOE de Ares por iniciar a campaña no prazo prohibido por Lei Electoral.

Este martes, 3 de maio, o alcalde de Ares deu comezo á súa particular campaña electoral de cara ás próximas eleccións municipais do día 28. Así o confirma unha resolución da Xunta Electoral, dando resposta a unha denuncia do BNG de Ares encabezada por Tino Seco.

As présas abordaron a Casa Consistorial de Ares este primeiro martes de maio para iniciar unha campaña ilegal e antidemocrática. Como se recolle no artigo 53 da Lei Electoral: “desde la convocatoria de las elecciones hasta el inicio legal de la campaña, queda prohibida la realización de publicidad o propaganda electoral mediante carteles, soportes comerciales o inserciones en prensa, radio u otros medios digitales”.

Os partidos políticos sabemos ben que a campaña electoral dará comezo  o próximo venres día 12. O alcalde tamén o sabía, é doutor en dereito, como humildemente dixo na súa entrevista á TV de Ferrol, “no se puede ser más, académicamente”.

Pois ben, hoxe toca tapar cunha lona a julinde@res, que deberá de agardar ata o día 12 de maio para poder verse, e esperemos que con sorte non nos deixe o retrato alí outros 4 anos. A Xunta Electoral da a razón a Tino Seco na denuncia presentada polo BNG de Ares e obriga a retirar os valados publicitarios e pancartas penduradas e distribuídas polo núcleo urbano de Ares.

Respectando a lei, gañamos todos.

Non somos doutores pero temos dereitos, e loitamos por eles.

#AresMereceMáis

Tino Seco denuncia o PSOE de Ares por iniciar a campaña no prazo prohibido por Lei Electoral.