Inicio de campaña polo mal estado dos camiños
18 mar. 2026 - 12:53
O BNG de Ares denuncia o mal estado dos camiños de Cervás, con numerosos baches e fochancas que dificultan a circulación e supoñen un risco para a veciñanza. Nestes días colocamos carteis en distintos puntos para visibilizar unha situación que non é puntual, senón froito da falta de mantemento continuado por parte do goberno municipal.
Ares merece uns camiños dignos e seguros. É cuestión de vontade e de prioridades.